viernes, 11 de abril de 2014

TRABALLANDO A IGUALDADE (2/3)

ONTE TIVEMOS OUTRO DÍA "COMPLETO DE AXENDA"
RECIBIMOS, DE NOVO, A CRUZ
PERO TAMÉN A VISITA DE TÉCNICOS FORESTAIS
(SEGUINTE ENTRADA)


O PRIMEIRO QUE FIXEMOS CON CRUZ 
FOI COMENTAR AS HISTORIAS QUE INVENTAMOS 
SOBRE AS NOSAS PRINCESAS E PRÍNCIPES DIFERENTES,
E ENTREGÁMOSLLAS
PORQUE VAINAS LER TODAS!


DESPOIS ESTIVEMOS A FALAR SOBRE OS XOGOS, OS XOGUETES...
CALES NOS GUSTAN
CALES TEMOS NA AULA
SE TODOS E TODAS IMOS AOS DIFERENTES XOGOS
(SÍ, COMPROBÁMOLO LENDO OS NOMES DAS TARXETAS)
...


PERO... TODO CAMBIOU CANDO CRUZ NOS DIXO QUE TRAÍA UN XOGO 
NO QUE CADAQUEN TIÑA QUE COLLER UN XOGUETE


ENTÓN COMEZOUSE A ESCOITAR:
"NON QUERO CROMOS DE FÚTBOL QUE SON DE CHICOS"
"AS BONECAS SON PARA AS NENAS"
"OS COCHES PARA OS NENOS"

ASÍ QUE ESTIVEMOS A FALAR DO PORQUÉ DESAS EXPLICACIÓNS
E CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE 
CADA UN/UNHA TEN QUE XOGAR AO QUE QUEIRA


E, AO FÍO DO FALADO, 
ESCOITAMOS 2 HISTORIAS
A PRIMEIRA: "LAURA APRENDE A VOAR"


UN CONTO QUE FALA DE QUE 
CADAQUEN TEN QUE FACER O QUE LLE GUSTA 
E AQUILO CO QUE SE SINTA BEN

E A SEGUNDA: "O MENIÑO NITO"


QUE CONTA O CASO DE NITO, 
UN NENO QUE CAE ENFERMO PORQUE SEMPRE QUE TEN GAÑAS DE CHORAR, 
GARDA AS BÁGOAS PARA DENTRO, 
POIS SEMPRE LLE DIXERON QUE
 "OS HOMES NON PODEN CHORAR"

ANIMÁDEVOS A FACER O QUE VOS GUSTE!
A CHORAR CANDO O PRECISEDES
E A RIRSE MOITO E DE TODO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario