O LUNS FOI UN DÍA DE "AXENDA APRETADA"
RECIBIMOS TAMÉN A VISITA DE CRUZ,
QUE SE ENCARGA DE LEVAR A CABO OS TALLERES SOBRE IGUALDADE
ORGANIZADOS POLA MANCOMUNIDADE DE ORDES
O PRIMEIRO QUE NOS CONTOU
É QUE VIÑA PARA FALAR DE CONTOS.
DESPOIS DE FALAR SOBRE ELES
PREGUNTOUNOS SE COÑECIAMOS CONTOS DE PRINCESAS E DE PRÍNCIPES
ANTE A NOSA AFIRMATIVA,
TIVEMOS QUE DEBUXAR ESOS PERSONAXES
PARA ENSIÑARLLE A CRUZ COMO SON
E O QUE SE PODE CONCLUÍR É:
AS PRINCESAS VIVEN EN CASTELOS (ALGUNHAS ENCERRADAS)
LEVAN COROAS, GORROS DE PRINCESAS, VESTIDOS "BONITOS", TACÓNS...
E, CASE TODAS, ESTÁN AGARDANDO A QUE CHEGUE UN PRÍNCIPE OU CABALEIRO PARA QUE AS RESCATE, AS BESE, SE CASEN CON ELAS...
LOGO DE DEBUXAR ÁS PRINCESAS QUE COÑECEMOS,
VOLVIMOS A FACER ASAMBLEA
POIS CRUZ QUERÍA CONTARNOS A HISTORIA DE ALBA AURORA,
UN PRINCESA QUE ELA COÑECE
A ESTA PRINCESA ENCÁNTALLE SUBIR ÁS ÁRBORES,
ESCALAR MONTAÑAS,
MONTAR EN MOTO...
O DÍA QUE RECIBE A VISITA DUN PRÍNCIPE AZUL
NON O ENTENDE, POIS ELA NON O PRECISA
PERO, AÍNDA ASÍ, FANSE AMIGOS E VAN A PERCORRER O MUNDO
COMEZANDO POR COÑECER A MURALLA CHINA
ESCOITADA A HISTORIA,
AGORA TEMOS QUE DEBUXAR A ESTA PRINCESA: ALBA AURORA
E PÓR, DE NOVO, AS IDEAS EN COMÚN
PERO ADEMÁIS,
A SESIÓN DE HOXE REMATA CUNHA MISIÓN:
PARA A SEGUINTE SESIÓN
QUE SERÁ O XOVES DÍA 10,
TEMOS QUE LEVAR A HISTORIA DUNHA PRINCESA DIFERENTE
INVENTADA E ESCRITA POR NÓS
(LEVAMOS A NOTA ESCRITA O LUNS)
ASÍ QUE MANS Á OBRA E...
CAMBIEMOS O CONTO!!
uuuuffff .... canto traballiño nos queda chicas!!!!
ResponderEliminarPois sí, Coro, hai moito que facer neste campo... E non nos percatamos da cantidade de "detalles" sobre o tema que hai a cotío nas nosas vidas...
ResponderEliminar