jueves, 10 de abril de 2014

PASEO... "COÑECENDO SIGÜEIRO"

ONTE, APROVEITANDO O BO TEMPO,
SAÍMOS DE PASEO POR SIGÜEIRO
COA IDEA DE MERENDAR AO AIRE LIBRE



SAÍNDO DO COLE, POLA AVENIDA DA GRABANXA


FOMOS OBSERVANDO O QUE IAMOS ATOPANDO:
AS SINAIS


COMENTANDO O QUE INDICABAN


 OS NÚMEROS DE PORTAIS,
QUE XA COÑECIMOS NA PRIMEIRA PARTE DESTE PROXECTO


AS PLACAS COS NOMES DAS RÚAS...


E DECIDIMOS XIRAR POR ESTA



ALÍ, VIMOS MÁIS SINAIS, CARTEIS... 
QUE NOS DAN INFORMACIÓN E QUE COMENTAMOS


4 BANDEIRAS...


E O CENTRO CULTURAL QUE LEVA UN NOME QUE...

SERÁ QUE VIVE ALÍ FERNANDO?
SERÁ QUE FOI PRESIDENTE?
SERÁ QUE CONSTRUÍU EL O EDIFICIO?
SERÁ QUE ESCRIBIU MOITOS LIBROS?
...
(FORON ALGUNHAS DAS IDEAS QUE SAÍRON)


ESTABAMOS A PIQUES DE MARCHAR COA MISIÓN DE AVERIGUALO NA CASA
CANDO APARECEU UN CONCELLEIRO,
ASÍ QUE APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA PREGUNTARLLE
AGORA XA SABEMOS O PORQUÉ DO NOME DA CASA DA CULTURA


PERO O CONCELLEIRO, DEUNOS UNHA NOVA MISIÓN:
BUSCAR NA INTERNET SOBRE "FERNANDO DE CASAS E NOVOA"
E ESCRIBIR UN POUQUIÑO SOBRE A SÚA VIDA

DESCUBERTA A INCÓGNITA,
DIRIXÍMONOS Á PRAZA ISAAC DÍAZ PARDO


ALÍ VIMOS UN BUSTO DE QUEN LLE DÁ NOME Á PRAZA


PERO TAMÉN O CONCELLO E OUTRAS 4 BANDEIRAS 
(CUNHA DIFERENTE)


CONTINUANDO O NOSO PASEO POLO CENTRO CÍVICO,


A POLICÍA LOCAL,


A ALAMEDA DE GÓIS 
(A HISTORIA DE DOUS POBOS AMIGOS: OROSO E GÓIS)


                               
E DIRIXÍNDONOS, FINALMENTE, AO PASEO DO CARBOEIRO

FIXÁNDONOS NO QUE O CARTEL DA ENTRADA INDICA,
ALGO MOI IMPORTANTE QUE RECLAMA A NOSA ATENCIÓN!!




ALÍ, FIXEMOS DIFERENTES PARADAS:
NA ESCULTURA DAS TROITAS, ADICADA AOS 6 RÍOS DO CONCELLO


(UNHA COMPAÑEIRA DOUTRO GRUPO
 CONTOUNOS QUE O AUTOR É SEU TÍO:
J. F. LÓPEZ NOYA, COÑECIDO COMO "FRANCÉS")

ANTE AS "CASIÑAS" DOS PAXAROS


DIANTE DAS OBRAS DO NOVO CENTRO


E ANTE A CUNCHA DO CAMIÑO A SANTIAGO,
NESTE CASO O CAMIÑO INGLÉS



DESPOIS DE TANTO OBSERVAR...
PARADA PARA MERENDAR!





REPOSTAS AS FORZAS E DE VOLTA AO COLE
VIMOS O CENTRO DE SAÚDE


E O COMPLEXO DEPORTIVO JUANITO AMIGO FERREIRO
E POR QUE TEN ESE NOME?

DE NOVO, NON TIÑAMOS RESPOSTAS CLARAS;
PERO, NESTA OCASIÓN, O PROFE ISMA TIÑA A RESPOSTA:
FOI UN FUTBOLISTA DE PRIMEIRA DIVISIÓN NADO EN SIGÜEIRO


CRUZAMOS POR DENTRO E...


FIN DO PASEO!!

1 comentario:

  1. Lo pasaron pipaaa pero aun queda mucho por ver oroso es muy bonito

    ResponderEliminar