jueves, 13 de marzo de 2014

CARTA SORPRESA...

ESTA MAÑÁ, ANA LIUNOS UNHA CARTA QUE CHEGOU PARA NÓS,
ERA UNHA CARTA DE PATRICIA E DE ALEX!


UNHA PARELLA DE CONTACONTOS DA EDITORIAL KALANDRAKA
QUE COÑECIMOS O CURSO PASADO,
POIS VIÑERON A VISITARNOS AO COLE
E DESPOIS FUMOS A VISITALOS NÓS A SANTIAGO

QUE CONTENTOS E CONTENTAS NOS PUXEMOS 
AO SABER QUE...

 HOXE ESTABAN NO COLE!!


ASÍ QUE... ALÁ VAMOS! COMEZA A FUNCIÓN!
GÚSTANNOS MOITO PORQUE CONTAN E CANTAN CONTOS




PATRI VIÑA COA SÚA MALETA CARGADA DE CONTOS
E ALEX CO SEU INSTRUMENTO FAVORITO: O ACORDEÓN


HOXE CONTÁRONNOS E CANTÁRONNOS:

MAMÁ


BOAS NOITES, BUFO!


E...
ONDE VIVEN OS MONSTROS


E, ADEMAIS, TRAÍAN UNHA SORPRESA FINAL!
NA MALETA DE PATRI, NON SÓ VIAXABA MAX,
O NENO PROTAGONISTA DESTE ÚLTIMO CONTO,
SENÓN TAMÉN OS MONSTROS!!






E, PARA REMATAR, MÚSICA PARA DESPEDIRNOS E IR SAÍNDO

ATA A PRÓXIMA PATRICIA E ALEX!
UN PRACER ESCOITARVOS


(DEIXÁMOSVOS, NO NOSO APARTADO DE CONTOS,
UNHA FUNCIÓN DE PATRICIA E DE ALEX
NOUTRO CENTRO
E CUNHA SESIÓN DE CONTOS DIFERENTE,
ENTRE OS QUE SE ATOPA...
FAMILIA C ! )

3 comentarios:

  1. Unha editorial que é un símbolo de calidade grazas ao seu costante traballo.

    ResponderEliminar
  2. Si si, si que están moi contentas e contentos con Patricia e Alex... Xa nos contaron na casa que "contan tan ben os contos..." Grazas a Kalandraka

    ResponderEliminar
  3. Esta si é unha sorpresa por que os meus non comentaron nada de que viñera Alex e Patri.... Menos mal que Ana nos informa senon....
    Eso si encantóulles como contan os contos

    ResponderEliminar