jueves, 20 de marzo de 2014

ARQUITEC-COOPERANDO

   FAI UNS DÍAS, A ORGANIZACIÓN DA AULA
EXPERIMENTOU UN CAMBIO IMPORTANTE:
FIXEMOS PEQUENOS GRUPOS DE TRABALLO


SABEDES COMO NOS ORGANIZAMOS?
POIS PARTINDO OS NOSOS EQUIPOS:
CELESTE, KLEIN E MARINO

E SEGUIMOS UNHA ESTRATEXIA QUE DESCUBRIMOS CON ESTE PROXECTO:
TENDO O MESMO NOME, DIFERENCIARÉMONOS EMPREGANDO LETRAS
CELESTE A E CELESTE B
KLEIN A E KLEIN B
MARINO A E MARINO B
POIS É ASÍ COMO SE FAI COS PISOS, CANDO HAI MÁIS DUNHA PORTA















O OBXECTIVO: DESEÑAR E ELABORAR EN EQUIPO O PLANO DA NOSA CASA

ASÍ QUE, O PRIMEIRO: 
FALAR SOBRE O QUE QUEREMOS QUE TEÑA A NOSA CASA

UNHA VEZ DECIDIDO... MANS Á OBRA!!


           

XA SABEDES, SE ESTADES INTERESADOS OU INTERESADAS EN CONSTRUÍR UNHA NOVA CASA
NÓS PODEMOS AXUDARVOS!!

3 comentarios:

  1. Caramba!!! Eu creo que xa os vou contratar para pintar, a cada equipo unha habitación... Están xenial pintados os planos... non se saen nadiña dos límites que estableceron para cada estancia... Un bico

    ResponderEliminar
  2. ¿Poden facer un plano de como chegar á cova do tesouro?

    ResponderEliminar
  3. Están feitos uns arquitectos, Iago xa me di que de maior quere faer casas jijiji....

    ResponderEliminar