LEMBRADES O QUE VOS CONTAMOS DA FELICIDADE?
POIS ONTE DESCUBRIMOS UN CONTO FERMOSO
BAILAR NAS NUBES
GUSTOUNOS NON SÓ POLAS ILUSTRACIÓNS
CHEAS DE CORES,
SENÓN POLA HISTORIA QUE GARDA
UNHA RAPAZA QUE VIVE NUNHA ALDEA TRANQUILA
E QUE SOÑA CON BAILAR NAS NUBES
PERO ESA ALDEA VAI MEDRANDO E, POUCO A POUCO,
ESTA RAPAZA COMEZA A TER VECIÑOS E VECIÑAS COS QUE CONVIVE
E QUE VAN CONSTRUÍNDO AS SÚAS CASAS DEBAIXO DA DELA
ASÍ QUE, A SÚA CASA, CON CADA NOVO VECIÑO, VAISE ACHEGANDO ÁS NUBES
E É POR ISO QUE, UN DÍA, PODE BAILAR CON ELAS!!!
(GRAZAS A ULISES, UN VECIÑO QUE FAI PAPAVENTOS)
PERO CANDO ESTÁ FACENDO REALIDADE O SEU SOÑO
NOTA EN FALTA O QUE OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS E O SEU POBO LLE DAN
ASÍ QUE DECIDE BAIXAR
UNHA HISTORIA CON MOITAS POSIBILIDADES,
PERO MOI BONITA PARA FALAR
DE FELICIDADE, DO QUE NOS FAI FELICES,
DE SOÑOS, DE FACELOS REALIDADE,
DA IMPORTANCIA DE VALORAR O QUE TEMOS
...
ASÍ QUE... O NOSO CONSELLO
Que razón... xa sabes o que faría feliz Ana!!! Un bico e xa sabes.... o verán está aí...
ResponderEliminarGrazas Coro :-)
ResponderEliminar