LEMBRADES OS VERMES DE SEDA
QUE COÑECIMOS O CURSO PASADO
E SOBRE OS QUE FIXEMOS UN PROXECTO?
POIS ESTA PRIMAVERA VOLVEMOS A TELOS CONNOSCO NA AULA!
TRÓUXONOS OVOS O NOSO COMPAÑEIRO ANXO
DOS QUE FORON SAÍNDO AS EIRUGAS
PODEDES VELAS?
AO PRINCIPIO SON MOI, MOI PEQUENAS...
... PERO COMO AS ALIMENTAMOS TAN BEN,
SÓ COMEN FOLLAS DE MOREIRA,
RÁPIDAMENTE VAN MEDRANDO
ATA QUE XA DEIXAN DE COMER
E COMEZAN A DAR PASEOS
PARA BUSCAR UN LUGAR TRANQUILO NO QUE CONSTRUÍR O CASULO DE SEDA,
ALGÚN SAÍUNOS BEN VIAXEIRO!
E ATOPÁMOLO DE AVENTURA POLA PAREDE
LOCALIZADO O LUGAR, COMEZAN A TECER
E FAN UN CASULO AO SEU REDOR
SENDO AÍ, ONDE TERÁ LUGAR A METAMORFOSE
(CAMBIO DE EIRUGA A BOLBORETA)
ESTAS BOLBORETAS QUE AGARDAMOS
SON AS QUE POÑEN OS OVOS PARA INICIAR DE NOVO O CICLO
UNHA EXPERIENCIA QUE HAI QUE VER!
MOITAS GRAZAS AOS COMPAÑEIROS E ÁS COMPAÑEIRAS DE 4 ANOS C
QUE NOS EMPRESTARON UN CONTO SOBRE AS EIRUGAS DE SEDA,
PERO NON É UN CONTO CALQUERA,
SENÓN EN FORMA DE CUBO APAISADO
QUE VAS ABRINDO E PECHANDO PARA PASAR AS DIFERENTES FASES DO CICLO
E... COMO É UN CICLO... NUNCA REMATA!!
ENCÁNTANOS!!
AGORA TÓDALAS EIRUGAS ESTÁN DENTRO DO SEU CASULO,
AGÁS 2 QUE PASEARON TANTO QUE GASTARON TODO O FÍO DE SEDA
E NON FIXERON CASULO
A VER SE CONSEGUEN SUPERAR A METAMORFOSE
XA VOS CONTAREMOS!
q nervios !!!!! estamos muy impacientes
ResponderEliminarUN PRACER COMPARTIR COS NOS@S COMPAÑEIR@S MAIORES...
ResponderEliminarATA PRONTIÑO, QUE QUEREMOS VER ESAS BOLBORETAS!!!
ESTAMOS ANSIOSOS...
BIKIÑOS COCIÑEIR@S.
Estamos moi ansiosas e ansiosos.... queremos ver esa aula cheiña de bolboretas!!!
ResponderEliminarTeredes noticias, por suposto! Ata entón... biquiños!
ResponderEliminar