ESTA FIN DE SEMANA É A FESTA DA TROITA EN SIGÜEIRO
ASÍ QUE NÓS, ONTE, CELEBRAMOS A NOSA PARTICULAR
O PRIMEIRO, PÓR O PASE PARA A FESTA:
O PIN GAÑADOR DUNHA VOTACIÓN NA QUE TIVEMOS QUE PARTICIPAR
(NORABOA A MARTÍN DE 4 ANOS B, É O AUTOR DO PIN)
DESPOIS, COLLER O PRECISO PARA REALIZAR UN PÍCNIC:
MANTEL, PANOS DE MESA, VASOS E AUGA E UN CUBO PARA O LIXO
E SAÍR AO CAMPO,
NO QUE NOS FOMOS ORGANIZANDO TÓDOLOS GRUPOS DE EDUCACIÓN INFANTIL
NAMENTRES AGARDABAMOS POLA COMIDA,
TIVEMOS A SORTE DE ESCOITAR MÚSICA EN DIRECTO,
CUNHA GAITERIA E UNHAS PANDERETEIRAS EXCEPCIONAIS
E, AGORA SÍ, A COMER!!
CACHELOS E CANAPÉ DE TROITA CON TOUCIÑO ENTREFEBRADO
MMMMMMMM...
ESTABA TAN BO QUE NON DEIXAMOS NADIÑA!!
UNHA VEZ TODO BEN RECOLLIDO... CONCERTO!!
ASÍ QUE... A BAILAR!!
E, PARA REMATAR,
CARREIRA PEDESTRE!!
PREPARADOS... LISTOS... XA!!
PARABÉNS A DANI DO GRUPO 5 ANOS B,
QUE QUEDOU NO PRIMEIRO POSTO
UN DESCANSIÑO Á SOMBRA, QUE BEN O MERECEMOS DESPOIS DA CARREIRA...
E... XA É HORA DA SAÍDA
PERO... QUEN BEN O PASAMOS!!
UNHA FESTA XENIAL GRAZAS A...
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL (TITORAS, ESPECIALISTAS, COIDADORAS E NENOS E NENAS)
OS COMPAÑEIROS E AS COMPAÑEIRAS DO GRUPO 4 ANOS C
AS COMPAÑEIRAS DE 6º CURSO, POLA MÚSICA
O PERSOAL DE COCIÑA
E
AS FAMILIAS POR COLABORAR
MOITAS GRAZAS!!
E A SEGUIR GOZANDO DA FESTA ESTA FIN DE SEMANA
Que ben o pasaron todos e todas.... Que sorte cos/as compañeiras e compañeiros de 4 anos C e por suposto con todo o equipo de infantil... Un bico para todas e todos
ResponderEliminar