jueves, 20 de febrero de 2014

APRENDENDO A FACER... LISTAS!

ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS A COÑECER 
QUE É UNHA LISTA,
COMO SE ESCRIBE, 
PARA QUE SERVE...

COMEZAMOS POR UNHA BEN COMÚN E PRÁCTICA:
A LISTA DA COMPRA


COA QUE APRENDIMOS QUE ASÍ NON TE ESQUECES DE NADA 
E NON ANDAS DANDO VOLTAS POLO SÚPER SEN NECESIDADE

DESPOIS FIXEMOS A LISTA DAS NENAS DA NOSA CLASE
PERO CON UN TRUCO!


ENGADIRLLE A CADA ELEMENTO DA LISTA UN NÚMERO, POR ORDE.
ASÍ, NON FAI FALLA CONTAR PARA SABER CANTAS SON.
ABONDA CON FIXARSE ATA QUE NÚMERO CHEGAMOS:


E DESCUBRIMOS QUE NA AULA TEMOS LISTAS
DOS NOSOS NOMES
DOS CONTOS DA BIBLIOTECA
...

PRESENTADAS AS LISTAS... TOCOUNOS FACER A NOSA PROPIA!


COMO ESTAMOS A COÑECER AS DEPENDENCIAS DAS CASAS,
TIVEMOS QUE FACER A LISTA DAS COUSAS QUE HAI NO NOSO SALÓN,
SENDO ESTE O RESULTADO



E, DOUTRA VOLTA, 
TIVEMOS QUE ESCRIBIR 6 COUSAS QUE HAI NA NOSA HABITACIÓN
PERO CON DEBUXO INCLUIDO:



ASÍ QUE XA SABEDES,
SE PRECISADES FACER UNHA LISTA...
SOMOS UNS EXPERTOS E EXPERTAS!

5 comentarios:

  1. Anxo Gonzalez Requejo20 de febrero de 2014, 18:22

    Hola amigos soy Anxo yo estos dias q estoy en casa le hago a mi madre la lista de la compra.chicos os hecho de menos un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Anxo! O venres limos a túa mensaxe e os teus amigos e amigas agardan que volvas pronto ao cole que, ademáis, esta semana vai ser moi divertida.
      Un bico

      Eliminar
  2. Pois a verdade e que o fan de maravilla, agora xa sabemos a quen pedirlle axuda sen dudar.

    ResponderEliminar
  3. Moi boa idea, unha boa maneira de motivalos para scribir.Apartir de ahora xa sei qen vai facer a lista da compra na nosa casa. Gracias Ana

    ResponderEliminar
  4. Nin o dubidedes, poden facelo seguro!
    Saúdos

    ResponderEliminar