DENDE A VOLTA DAS VACACIÓNS
O TEMA DA NEVE E OS BONECOS DE NEVE
ESTÁ, PRÁCTICAMENTE, ACOTÍO
NAS NOSAS CONVERSAS DA ASAMBLEA DE ENTRADA
E, DENDE FAI UNS DÍAS, ESTAMOS A VOLTAS
COA IDEA DE "COMO CONSEGUIR UN BONECO DE NEVE"
ALGUNHAS OPCIÓNS QUE ESTIVEMOS BARALLANDO:
1. CONSTRUIR UNHA MÁQUINA QUE FAGA NEVE
ALGÚNS PASARON A IDEA AO PAPEL
E OUTROS OPINARON "QUE ESO XA EXISTE, QUE SAE NA TELE"
PERO NON PODEMOS TELA NA CLASE
2. IR Á NEVE, TODOS E TODAS
PERO NECESITAMOS UN AUTOBÚS E:
NINGUÉN O PODE CONDUCIR
OU PRECISAMOS MOITOS CARTOS
3. CONSEGUIR CONTACTAR CON ELSA
(LEMBRADES A PELÍCULA QUE VIMOS NO CINE? "FROZEN, REINO DE HIELO")
E QUE NOS VISITASE...
AI! CANTO NOS GUSTARÍA ESTA OPCIÓN...
ALGÚN COMENTOU QUE, DENDE A SÚA TABLET,
VAI INTENTAR CONTACTAR E QUE XA NOS CONTARÁ
:-)
4. QUE ALGUÉN QUE VAIA Á NEVE, NOS TRAIA UN BONECO DE NEVE
PERO... DERRETERÍASE
O QUE NOS LEVOU A PENSAR QUE,
PARA QUE NOS DURASE TODO O INVERNO,
TERÍA QUE SER DOUTRO MATERIAL
ASÍ QUE, DITOS OUTROS MATERIAIS, REMATAMOS FALANDO DE QUE TAMÉN O PODERIAMOS PEDIR NUN DESEXO:
- "PERO TEN QUE PASAR UNHA ESTRELA FUGAZ, E NON ESTÁN PASANDO"
- "POIS QUE O PIDA EZEQUIEL, QUE MAÑÁ É O SEU ANIVERSARIO"
(CANDO SOPRAMOS AS CANDEAS, SEMPRE PEDIMOS UN DESEXO)
FORON ALGUNHAS DAS IDEAS
ATA QUE A MESTRA NOS CONTOU QUE, ÁS VECES, SE DESEXAMOS ALGO CON MOITAS GANAS, ACÁBASE CONSEGUINDO
ASÍ QUE PEDIMOS, EN VOZ ALTA, QUE APARECESE UN BONECO DE NEVE
PERO NADA, NON APARECEU
ASÍ QUE SEGUIMOS CO NOSO DÍA
E Á VOLTA DE PSICOMOTRICIDADE...
ALÍ ESTABA! NA NOSA ALFOMBRA...
UN BONECO DE NEVE!
O NOSO BONECO DE NEVE!
AO QUE XA LLE PUXEMOS NOME...
OLAF
SABEDES POR QUE?
POLA PELÍCULA QUE VIMOS TODOS E TODAS XUNTOS E XUNTAS:
FROZEN, REINO DE HIELO
QUE GRACIOSO É! NON VOS PARECE?
Ese si qe é un boneco de neve moi orixinal, qe chulada qe sorte teñen eses peqen@ s. Gracias Ana x cumplirlle esa ilusión , ainda qe sexa un boneco de neve artificial. Iria e Iago staban encantadísimos...
ResponderEliminarQue desilusion! Eu pensaba que lle iades poñer Cristobal de nome!
ResponderEliminarHoxe comentamos na aula a túa desilusión e sorriron; pero se queres levamos a posibilidade á asamblea e o que saia por maioría: Olaf? Cristóbal?
EliminarCóntoche que tes un rival duro ;-)
Onte cando Ana nos contaba como era o boneco de neve non podía imaxinar que ia ser tan bonito... Dixo: "a profe tivo unha idea xenial para facer o boneco de neve"
ResponderEliminarAlégrome de que lles gustara, a verdade que, ao entrar na aula e ver o boneco, puxeron cara de sorpresa e ilusión :-)
ResponderEliminarE eu máis contenta... imposible
Proposta: ¿Que tal Olaf Cristobalsen o similar? :-)
ResponderEliminarProposta recollida, a ver que opina a "asamblea" :-)
EliminarXa che contaremos
Cristobal, o venres votamos a proposta na asamblea. Tiñamos dúas opcións:
Eliminar- Olaf
- Olaf Cristobalsen
Ao final, o noso boneco de neve, ten apelido, pois este foi o resultado:
- Olaf: 4
- Olaf Cristobalsen: 20
:-)
Que sorte Cristóbal... Penso que tes moitos amigos e amigas na aula...
EliminarEstupendo! Por certo, quen son eses catro que non votaron pola miña proposta? Uns valentes...
EliminarA nosa asamblea garda o segredo dos votos :-)
EliminarComo todos e todas podemos opinar, cadaquen vota o que quere (e cando é con criterio propio... moito millor)