miércoles, 29 de enero de 2014

NOVAS MASCOTAS

HOXE BRAIS PRESENTOUNOS
A 2 DAS SÚAS MASCOTAS
(PORQUE DESCUBRIMOS QUE TEN MÁIS)


2 TARTARUGAS QUE VEÑEN A PASAR UNS DÍAS CONNOSCO
BRAIS CONTOUNOS
QUE NON TEÑEN NOME 
PORQUE NON SE SABE SE SON MACHO OU FEMIA

(A MESTRA ESTIVO A BUSCAR ALGÚNS ASPECTOS 
NOS QUE NOS FIXAREMOS MAÑÁ... 
AÍNDA QUE SON MOI PEQUENAS PARA SABELO CON SEGURIDADE,
SE ALGUÉN NOS PODE AXUDAR...)


QUE PASAN CASE TODO O TEMPO NA AGUA
PORQUE SON "TARTARUGAS DE AUGA",
PERO DÉIXALLES SAÍR A PASEAR POR UNHA MESA

E QUE COMEN GAMBITAS
 UNHA COMIDA QUE HAY QUE MERCAR
MENTRES SON PEQUENAS, DESPOIS COMEN "PEIXES"


ADEMAIS FIXÉMOSLLE PREGUNTAS E DESCUBRIMOS QUE
NON FAN RUÍDO

NON MEDRARON (POLO MENOS DENDE QUE AS TEN)

TODA A FAMILIA AXUDA A COIDALAS, 
POIS HAI QUE DARLLES DE COMER UNHA VEZ E CAMBIARLLES A AUGA

E PÓDENSE COLLER COA MAN
!!!!!!!!!!!!
UY! O QUE NOS DIXO!!
AGORA TODOS E TODAS QUEREMOS COLLELAS!!

ASÍ QUE ESTABLECIMOS UNHA QUENDA
PARA NON ASUSTALAS
E HOXE TÓCALLE AO EQUIPO KLEIN
(O DE BRAIS)



 DESPOIS DEIXÁMOLAS UN RATIÑO NO CHAN
PARA CAMBIARLLE A AUGA E DARLLES DE COMER










E DESCUBRIMOS:
QUE UNHA TEN A COIRAZA MÁIS ESCURA CÁ OUTRA
QUE TEÑEN UNLLAS E COLA
E QUE POLA PARTE DE ABAIXO, TAMÉN SON DIFERENTES


PERO ADEMAIS, AO CAMBIARLLE A AUGA
E METER O QUE, PARA NÓS, ERA UNHA TARTARUGA 
"ESTATUA" OU "ESCULTURA" PARA ADORNAR


A MESTRA DESCUBRIU QUE SOLTABA UN RASTRO BRANCO
E PREGUNTOULLE A BRAIS PARA QUE ERA:
"PARA AXUDARLLES A TER A COIRAZA MÁIS DURA"

E TAMÉN ULIMOS A SÚA COMIDA
E, COMO OCURRIU COA DE RODOLFO,
TIVEMOS OPINIÓNS PARA TÓDOLOS GUSTOS











MOITAS GRAZAS BRAIS E FAMILIA
POR COMPARTIR CONNOSCO AS VOSAS MASCOTAS!!


6 comentarios:

  1. Q guayy Brais a anxo le encantaron,pero le sorprendio eso de no tener nombre jijiji gracias brais

    ResponderEliminar
  2. Que responsabilidade!!!! e que sorte cos e coas compis que comparten o coidado das súas mascotas... Seguro que estas tartarugas van querer volver a aula, como Rodolfo. Con estos marabillosos coidadores e coidadoras, non me estraña... Graciñas Brais...

    ResponderEliminar
  3. Brais encantado de levalas a clase, para que todos as viran e de que pasen uns dias ali, gustanlle moito os animais, coma todolos nenos, e algo mais que aprenden.

    ResponderEliminar
  4. A Martin tamen lle gustaron moito e dixo que lle facian moitas cosquillas na man e que parecia que iban botar unha carreira. Un saudo familia de Brais.

    ResponderEliminar
  5. Qe sorte teñen estes peqenos.... Moitas gracias Brais por compartilas , Iago e Iria stan encantadisimos o problema ahora témolo nos x q ahora qeren unha mascota.

    ResponderEliminar
  6. Gústalles moito o das mascotas; pero na aula xa falamos sobre que hai mascotas moi diferentes, e unhas pódense transportar sen problema para amosarllas aos compis e outras... é máis complexo. E que mercar un animal, non é mercar un xoguete, porque é un ser vivo que hai que coidar moito, e hai que estar seguro/segura, á hora de mercalo, de se nos podemos facer cargo (xa o comentamos tamén antes do nadal)

    Para aqueles e aquelas que nos queren amosar a súas mascotas e que non se poden transportar, falamos da opción de levar unha ou un par de fotos e contar, igualmente, cousas sobre elas
    Un bico familias

    ResponderEliminar