POIS SÍ
DENDE ESTA MAÑÁ
SOMOS UN MÁIS NO GRUPO...
NON, NON... NON AGARDAMOS UN NOVO NIN UNHA NOVA COMPI
ANXO PRESENTOUNOS Á SÚA MASCOTA:
RODOLFO
QUE VAI PASAR UNS DÍAS CONNOSCO
ASÍ QUE TEMOS UNHA NOVA TAREFA:
COIDALO
ANXO CONTOUNOS QUE É UN PEIXE
QUE VIVE NUNHA PECERA
QUE É VERMELLO E BRANCO
E QUE É DOADO COIDALO:
HAI QUE DARLLE DE COMER
E CAMBIARLLE, DE CANDO EN VEZ, A AUGA
PERO ADEMAIS RESPONDEU ÁS NOSAS PREGUNTAS E DESCUBRIMOS QUE...
NON O PESCOU, SENÓN QUE O MERCOU
COME UNHA VEZ AO DÍA
SÓ COME UNHA COMIDA QUE HAI QUE MERCAR
A AUGA TENLLA QUE CAMBIAR UNHA PERSOA "MAIOR"
A PECERA PODE SER DE PLÁSTICO OU DE CRISTAL
...
E QUE O MÁIS NOS SORPRENDEU:
RODOLFO PECHA OS OLLOS PARA DURMIR!!!
E NÓS (A PARTIRES DO PROXECTO SOBRE AS QUENLLAS)
SABEMOS QUE OS PEIXES NON PECHAN OS OLLOS PARA DURMIR
PORQUE NON TEÑEN PÁRPADOS
E AGORA TEMOS UN DILEMA...
O QUE SÍ TEMOS CLARO, É A NOSA TAREFA:
CANDO SEXA A HORA DA MERENDA, RODOLFO TEN QUE COMER
ASÍ QUE A ENCARGADA DO DÍA,COAS EXPLICACIÓNS DE ANXO,ASÍ O FIXO
POR CERTO,
ULIMOS A COMIDA DE RODOLFO E HOUBO OPINIÓNS DE TODO TIPO:
PUAJ
MMMM...
ULE A PEIXE
ULE A GAMBITAS
ULE A FLORES
...
ESTA NOVA INCORPORACIÓN AO GRUPO
TAMÉN NOS PERMITIU LEMBRAR ALGUNHAS COUSAS
QUE APRENDIMOS CO PROXECTO DOS TIBURÓNS
E FALAR SOBRE COMO SON AS CACAS DE PEIXES
QUE COÑECIMOS CO LIBRO QUE TROUXO MARTÍN
E QUE AGARDAMOS VER ESTOS DÍAS...
ESTAMOS ENCANTADOS E ENCANTADAS CO NOVO MEMBRO
DE PODER, ESTARIAMOS TODA A MAÑÁ OBSERVÁNDOO
GRAZAS ANXO E FAMILIA POR PRESENTARNOS A RODOLFO!!
Cantos meses ten Rodolfo?
ResponderEliminarCristobal con nosotros lleva un mes y eso q ya escapo varias veces .Ana Rodolfo podra visitaros siempre q querais Anxo esta encantado de q este en clase
ResponderEliminarOk, pois miramos de que volva a visitarnos para o terceiro trimestre, se pode ser. Grazas
EliminarQue sorte teñen estes pequenos e pequenas.... Véselles unha cariña de super emoción.... Anxo ten que enseñarlles moi ben a coidar a Rodolfo... Gracias Anxo
ResponderEliminarMartin tamen veu encantado de coñecer a Rodolfo. Coidar unha ascota axudalle tamen a ter unha responsabilidade
ResponderEliminarA verdade e qe si qe é unha boa responsabilidade. Os meus qerian levar a Deisi qe é un pastor velga jajaja. Gracias Anxo por compartir a Rodolfo. Bikiños
ResponderEliminarSi seria genial tener una mascota mas resistente para poder prestarnosla algun fin de semana y q la cuidaran pero pobre se marearia un poco un besiño para tod@s
ResponderEliminarEu, en outros centros, tiven mascota de aula, pero é algo que require consenso e moito compromiso por parte das familias para que, evidentemente, a mascota viva ben
ResponderEliminarPero, neste caso, a estas alturas de curso e promoción, penso que xa non é viable