viernes, 20 de diciembre de 2013

AS NOSAS COUSIÑAS

CO REMATE DO TRIMESTRE
LEVAMOS OS NOSOS TRABALLOS PARA A CASA
E TIVEMOS QUE PENSAR QUE FACER COA FOLLIÑA DE PAPEL RECICLADO
LEMBRÁDESVOS?


POIS TENDO UN TRABALLO FEITO SOBRE A RECICLAXE...
QUE MELLOR IDEA QUE FACER A SÚA PORTADA CON ESA FOLLA?

ASÍ QUE PEGAMOS SOBRE ELA AS FRECHAS DO SÍMBOLO DA RECICLAXE, QUE NON VALE DE CALQUER XEITO...


DESPOIS, PEGÁMOLA NA PORTADA E METEMOS UN CORDEL PARA DECORAR



ESCRIBIMOS O NOSO NOME E... LISTO!


PERO TAMÉN TEMOS UN TRABALLO SOBRE A GAMA DA COR AZUL
ASÍ QUE DECIDIMOS TINGUIR CARAVEIS
LEMBRADES OS DO CURSO PASADO?
GUSTÁRONNOS TANTO QUE REPETIMOS, PERO ESTA VEZ SÓ COA COR AZUL


COLLEMOS UN BOTE CON AUGA (REUTILIZAMOS UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO)
E BOTAMOS COLORANTE ALIMENTARIO AZUL



CORTAMOS UN POUCO DE TALO AOS CARAVEIS E METÉMOLOS NA AUGA




AGARDAMOS ATA O DÍA SEGUINTE E...


CARAVEIS DE COR AZUL!!
ANIMÁDEVOS, É MOI DOADO



7 comentarios:

  1. sandra mama Iago e Iria21 de diciembre de 2013, 20:32

    Cantas cousas stamos a aprender...... Non pensei qe se poidera faer eso co papel de periódico e o dos botes de cristal ..... ¡¡¡¡ qe chulada!!!!

    ResponderEliminar
  2. Opino o mesmo que Sandra... por iso tamén aprendemos moitisimo na casa, coas explicacións que nos dan os e as peques... FELIZ NADAL!!!! Moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. Grazas! Feliz nadal para vós tamén!

    ResponderEliminar
  4. Xa lle chegou a postal e Martin douse conta do pequeno detalliño vermello. Sempre lle deixas unha sorpresa por descubrir. E eso demostra que tes un corazon de ouro ANA. Un saudo e feliz nadal a todos ea todas ea ti tamen ANA.

    ResponderEliminar
  5. Moitísimas gracias polas túas palabras, Alicia.
    Bo nadal tamén para vós!
    Biquiños

    ResponderEliminar
  6. Canto aprenden os rapaces con esta mestra. Felices festas Ana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Miguel. Felices festas e feliz ano! que xa está aí :-)

      Eliminar