PAULA TROUXO Á SÚA MASCOTA BOBI A PASAR O DÍA CON TODOS E TODAS NÓS
CONTOUNOS MOITAS COUSAS:
É UNHA COBAIA E É MACHO
TEN UNHA AMIGUIÑA, PERO QUEDOU NA TENDA, NON VEU CON EL
NON FALA, PERO CANDO COME FAI UN RUIDIÑO
TEN UNLLAS
NON SE PODE TOCAR, PERO É SUAVE
PASA O DÍA COMENDO E DURMINDO
VIVE NO PALLOTE, NON NA CASA
E HAI QUE BAÑALO
FIXÉMOSLLE MOITAS PREGUNTAS... ENTRE ELAS: QUE COME?
PAULA DIXO QUE HOXE TRAÍA: LEITUGA, PAN E MAZÁ, ASÍ QUE BOTOULLE PARA QUE SE PUXESE A COMER E FIXEMOS MOITO SILENCIO PARA ESCOITAR O RUIDIÑO QUE FAI...
PERO BOBI ESTABA ASUSTADO, E NON COMÍA
ASÍ QUE, EN GRUPIÑOS, ACHEGÁMONOS PARA VELO DE PRETO E SORPRENDEUNOS MOITO AS SÚAS PATAS, POLAS UNLLAS
E A SÚA CARIÑA... QUE NOS ADICABA MIRADAS A TODOS E TODAS: "PROFE, ESTAME MIRANDO", "NON, ESTÁ MIRANDO PARA MIN", "PARA MIN TAMÉN"....
CANDO O DEIXAMOS TRANQUILO, PÚXOSE A COMER! E AO DESPEDIRNOS PARA IR PARA A CASA, VIMOS COMO NA MAZÁ HABÍA MARCAS DAS SÚAS DENTADAS
A MESTRA CONTOUNOS QUE É UN ANIMAL ROEDOR COMO OS RATOS, OS COELLOS, OS CASTORES... E QUE TAMÉN SE CHAMA COELLO DE INDIAS
GRAZAS PAULA POR ENSINARNOS A TÚA MASCOTA
E GRAZAS BOBI POR TER TANTA PACIENCIA...
que sorte ten Bobi por ter esa amiga, Paula, que o coida tantísimo...
ResponderEliminarQue mascota máis bonita , seguro qe paula a coida moitísimooooo
ResponderEliminar